Data inicio: 18/10/2018
Data fin: 30/10/2018
Lugar: Centro De Capacitacion Forestal De Lourizán, Pontevedra, España
O Centro de Formación e Experimentación Agrofoestal de Lourizán acolle os vindeiros 18, 25 e 30 unhas xornadas sobre “Os danos do lobo e o uso dos mastíns e doutras razas caninas na custodia do gando”.
A xornada é gratuíta e está dirixida a gandeiros e persoas en xeral interesadas nesta problemática que en Galicia ten unha importante afectación. As xornadas inclúen un completo programa con experiencia de gandeiros que empregan mastíns para protexer o gando, biólogos como Luis Llaneza, charlas técnicas sobre como adestrar aos cans e visitas a explotacións que lograron unha protección efectiva fronte aos ataques dos lobos.
Velaquí o programa:
Para máis información chamar aos teléfonos 986805088/85
Para asistir ás xornadas enviar formulario de inscrición a cfea.lourizan@edu.xunta.es