Xornadas sobre o novo plan forestal e os montes veciñais en man común

Publicidade
Xornadas sobre o novo plan forestal e os montes veciñais en man común
Data inicio: 07/09/2020
Data fin: 11/09/2020
Lugar: Vicerrectorado do Campus de Lugo, Praza Pío XII, nº3. Lugo

O Campus de Lugo acollerá a principios de setembro as xornadas O Monte do Século XXI, nas que se abordará o novo plan forestal e a situación actual dos montes veciñais en man común en Galicia. As sesións contarán cun amplo abano de relatores para tratar ademais temas como a reestruturación parcelaria e a súa influencia no aproveitamento das parcelas agrarias ou o emprendemento a través de recursos agrarios, así como o papel das cooperativas para a organización da produción e para a comercialización.

As xornadas teñen unha duración de 20 horas que se reparten en sesións presenciais en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Terán lugar dende o luns 7 ata o venres 11 de setembro no Salón de Actos do Vicerreitorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A formación está dirixida a emprendedores rurais, comunidades de montes veciñais en man común, organizacións profesionais do sector forestal, así como a persoas interesadas no emprendemento cooperativo e ó público xeral interesado nestas temáticas.

Programa das xornadas

A continuación detallamos o programa das xornadas:

Luns 7 setembro

Módulo 00. Presentación da Rede Eusumo.
María Paz Rodríguez Rivera, xerente ADR Comarca de Lugo.
Marta Blanco, técnica ADR Comarca de Lugo.

Módulo 01. A propiedade forestal. Formalización e xestión dos diferentes tipos de propiedades.
Santiago Fraga Saenz. Área técnica do Servizo de Montes de Lugo.

Martes 8 setembro

Módulo 02. Instrumentos de planificación e xestión forestal.
Santiago Fraga Saenz. Área técnica do Servizo de Montes de Lugo.

Módulo 03. Dinámicas de traballo en común no ámbito forestal.
José Ramón Pedreira Dono, xefe de sección no Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo.

Mércores 9 setembro

Módulo 04. Visita ó MVMC de Carballo en Friol (Lugo).
Xosé Manuel Iglesias, técnico da MVMC de Carballo.

Xoves 10 setembro

Módulo 05. Deseño e implementación de sistemas agroforestais.
Rosa Mosquera Losada, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría.

Venres 11 setembro

Módulo 06. Xestión agroforestal en masas forestais comúns.

Módulo 07. Liñas de axudas agroforestais no actual PDR como ferramenta de cambio.
Rosa Mosquera Losada, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

Inscrición

A inscrición é gratuíta e poderase realizar a través deste formulario. As persoas interesadas en participar tamén poderán solicitar máis información e xestionar a inscrición mediante os teléfonos 982 238 000 e 679 732 163 así como enviando un correo electrónico a info(arroba)comarcadelugo.gal.

A actividade está organizada pola ADR Comarca de Lugo (Grupo de Desenvolvemento Rural, GDR) e conta coa colaboración da USC. As sesións enmárcanse no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social e que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social. 

 

-Consulta aquí máis información sobre as xornadas.

 

PLANFORESTAL_CARTEL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información