A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza a VIII Reunión de Primavera titulada “A gandería ecolóxica cara ao ano 2030” que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de maio en Melide.
O venres 5 analizarán e debaterán da man de gandeiros, técnicos e investigadores os retos de futuro deste sector de cara ao ano 2030. O sábado 6 realizaranse visitas na zona de Melide e Arzúa a varios exemplos de produción e transformación de carne e leite ecolóxicos.
As inscricións son de balde pero hai que realizalas antes do 1 de maio indicando a intención ou non de participar no xantar (15 €/persoa) en:
sgpf.galicia@gmail.com
Máis información:
686 620 154 Eloi
628 713 263 Victor
Velaquí o programa: