O Concello de Boimorto organizará o venres e sábado, días 4 e 5 de abril, as “Xornadas sobre o Castiñeiro 2025”, un evento que reunirá especialistas, produtores e persoas interesadas neste cultivo fundamental para a economía e gastronomía galega.
PROGRAMA:
Venres 4 – Mesa redonda con:
Pedro Álvarez – Profesor UNIOVI
Fina Lombardero – Profesora USC / Campus Terra
Roberto Martínez García – Viveiros Ribeirao
José Manuel Queijas – Produtor
Modera: Sara Torreiro
Ó remate, degustación de produtos elaborados con castaña.
Entrada gratuíta. Previa inscrición ata completar aforo
Lugar: Casa da Cultura de Boimorto
Horario: 18:00 – 20:30 h
Sábado 5 – Xornada práctica de enxertos
Impartida por: Roberto Martínez García – Viveiros Ribeirao
Prezo: 10 € por persoa | Máximo 30 persoas
Horario: 10:00 – 13:30 h
Inscricións no teléfono: 981 51 60 20
Organiza: Concello de Boimorto
Colaboran: Delicias do Souto, Asociación Galega da Castaña e dos Produtos do Souto, e Granxa de Xanceda Ecolóxico