Xornadas sobre a normativa hixiénico sanitaria en alimentación

As sesións abordarán o marco normativo e os efectos sobre o sector lácteo e cárnico da man de expertos

Publicidade
Xornadas sobre a normativa hixiénico sanitaria en alimentación
Data inicio: 05/05/2021
Data fin: 12/05/2021
Lugar:

O novo Real Decreto 1086/2020 polo que se regulan determinadas disposicións da Unión Europea en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios será o tema central dunhas xornadas teórico -prácticas centradas na normativa hixiénico sanitaria. As sesións terán lugar os días 5, 10 e 12 de maio de xeito telemático e en horario de tarde.

As sesións están organizadas pola Asociación de Queserías Artesanas y de Campo QueRed, a Asociación Trashumancia y Naturaleza, Bedarbide, Coag, Coordinadora Campesina del País Valenciá, Ecologistas en Acción, Extremadura Alimenta, Fundación Entretantos, Germinando, Inspección de Saúde Pública da Xunta de Galicia, ISEC, Universidade de Córdoba, Justicia Alimentaria, Plataforma pola Ganadería Extensiva, SEAE e o Sindicato Labrego.

As xornadas están dirixidas a persoas con actividades agrícolas ou gandeiras e que quieran comenzar a transformar os alimentos que producen nas súas fincas ou granxas. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do código QR do cartel que acompaña esta información ou cumprimentando este formulario.

A continuación detallamos o programa das xornadas:

Mércores 5 de maio

Sesión 1: Producións labregas e artesás e flexibilidade hixiénico-sanitaria: Marco xeral normativo.

18.00 horas. Presentación da Rede polas producións labregas e artesás.

18.10 horas. “Marco Xeral de Flexibilización e Producións artesás que empregan métodos tradicionais”, Liliana Reina, Justicia Alimentaria.

18.40 horas. “Explicación do Real Decreto 1086/2020. Novo marco normativo, posibilidades que se abren e que limitacións aínda non se solucionaron”. Luís Couto, inspector veterinario de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

19.20 horas. Preguntas e dúbidas.

19.50 horas. Fin da xornada.

Luns 10 de maio

Sesión 2: A transformación no sector lácteo

18.00 horas. “Normativa. Que posibilidades abre o RD para a flexibilización da normativa sanitaria no sector dos lácteos?”, Remedios Carrasco, Rede Española de Queixerías de Campo e Artesás.

18.30 horas. “Experiencias de referencia: Gandería Criga ( Megeces, Valladolid), Queixería de Campo Comocabras (Adamuz, Córdoba) e Làctics Foix (Torrelles de Foix, Barcelona)”.

19.30 horas. Preguntas e dúbidas.

Mércores 12 de maio

Sesión 3: Sector cárnico

18.00 horas. “Normativa. Que posibilidades abre o RD para a flexibilización da normativa sanitaria no sector da carne?”, Juan Carlos Domínguez Vellarino, Seguridade Alimentaria na Xunta de Extremadura.

18.30 horas. “Experiencias de referencia: Abel Peraire (matadoiro en finca) Prats de Lluçanès (Barcelona), ARCA, Associació d’Iniciatives Rurals de Catalunya (Torrello, Barcelona) matadoiro móbil (ovino e caprino) e pequeño matadoiro modular (vacún) e Jorge Mourelo, subdirector xeral de Gandería da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, matadoiro móbil público.

19.30 horas. Preguntas e dúbidas.

 

cartel xornadas sanitarias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *