Xornadas sobre a IXP Pan Galego na Coruña

O obxectivo é transmitirlles aos diferentes operadores que interveñen na produción do pan as posibilidades que ofrece traballar baixo este selo de calidade, así como o procedemento para inscribirse e os rexistros necesarios

Xornadas sobre a IXP Pan Galego na Coruña

Trigo callobre, unha das variedades autóctonas amparadas pola IXP. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza a semana vindeira na Coruña unha nova xornada técnico-informativa sobre a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego. Está previsto que se celebre o martes 9 e mércores 10 de novembro no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Paseo das Pontes, en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas) cun total de sete horas de duración.

O obxectivo é transmitirlles aos diferentes operadores que interveñen na produción do pan (produtores de trigo, muíños e panadarías) as posibilidades que ofrece traballar baixo este selo de calidade, así como o procedemento para inscribirse e os rexistros necesarios para cumprir o prego.

Está formación técnico-informativa celebrarase o martes 9 e o mércores 10 de novembro, en horario de tarde, no CIFP Paseo das Pontes

Así, a xornada comezará cunha presentación do prego de condicións e do regulamento que rexe esta IXP, para continuar tratando as perspectivas de desenvolvemento do trigo autóctono e os valores diferenciais do Pan Galego. Seguidamente haberá unha mesa redonda con axentes do sector para tratar o presente e futuro deste produto e rematará cunha visita a un obradoiro de pan.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible na seguinte ligazón. Os formularios deberán ser enviados ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 881997279.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información