Xornadas sobre a extracción de resina en Ribadeo e Monforte

Xornadas sobre a extracción de resina en Ribadeo e Monforte

Aproveitamento resineiro nun piñeiral. / Arquivo.

Ribadeo e Monforte de Lemos (Lugo) acollerán dúas das accións divulgativas e formativas sobre o aproveitamento resineiro que acaba de aprobar a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) para este ano 2020.

No caso de Ribadeo, a formación terá lugar o día 7 de agosto baixo o título “O potencial resineiro nos piñeirais galegos”, cunha duración de 4 horas. Por unha banda, haberá unha sesión teórica que se desenvolverá en horario de 17.00 a 18.30 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. A continuación, dende as 18.30 e ata as 21.00 horas haberá unha demostración práctica sobre piñeirais da zona.

Para quen queira profundizar na formación, impartirase un curso sobre técnicas de extracción de resina cunha duración de 60 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. Esta formación celebrarase os días 17, 18, 19, 24 e 25 de agosto e 7, 8, 14, 15 e 19 de setembro en horaio de 8.00 a 14.00 horas.

En Monforte de Lemos celebrarase unha sesión sobre o potencial resineiro dos piñeirais galegos o vindeiro sábado 8 de agosto cunha duración de 4 horas. A primeira parte será teórica e comezará ás 10.00 horas ata as 11.30 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos. A parte práctica arrancará a partir das 11.30 ata as 14.00 horas e consistirá nunha demostración en piñeirais da zona.

A formación completarase cun curso de técnicas de extracción de resina cunha duración de 60 horas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos. Celebraranse os días 17, 18, 19, 26 e 27 de agosto e 9, 10, 16, 17 e 18 de setembro en horaio de 8:00 a 14:00 h.

Os interesados en participar deberán anotarse en informacion(arroba)foresin.es ou chamando ao teléfono 680 20 83 20. As accións están financiadas pola Agacal e están cofinanciadas co 75% de fondos europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información