Xornadas sobre desenvolvemento rural e silvopastoreo a última fin de semana de xuño en Navia

Están organizadas pola Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación Ser e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e terán lugar na Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovido polo cineasta Oliver Laxe en Vilela

Presentación das xornadas na Deputación de Lugo, coa presenza de Joán Alibés, Montserrat Valcárcel, Mónica Freire e Oliver Laxe

Presentación das xornadas, coa presenza de Joán Alibés, Montserrat Valcárcel, Mónica Freire e Oliver Laxe

Actualización 21-VI: Xornadas aprazadas.

A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo presentou este martes as Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural O que non arde, que se celebrarán en Navia de Suarna do 25 ao 27 de xuño, organizadas pola entidade provincial en colaboración coa Asociación Ser e coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

O encontro, que se celebrará en Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovida polo cineasta Oliver Laxe, inclúe relatorios e mesas redondas centradas en prestar apoio e transferir coñecemento a persoas con proxectos a desenvolver no rural, aproveitando a gran potencialidade produtiva coa que conta Galicia.

Coñeceranse experiencias de desenvolvemento rural de concellos galegos e asturianos

Así, os distintos relatorios e mesas redondas abordarán temas relacionados coas políticas públicas de incorporación ao campo e o relevo xeneracional agrario, debullarán iniciativas de desenvolvemento rural de concellos de Galicia e Asturias (A Veiga, Allariz e Somiedo), propostas do Comisionado para o reto demográfico de Asturias ou de proxectos de produción agroalimentaria asentados nos Ancares.

Concerto de Davide Salvado e demostración de maquinaria

Ademais dos relatorios e mesas redondas, o programa das xornadas inclúe un concerto de Davide Salvado, na contorna das excavacións do castro de Vilela, e unha demostración de maquinaria agrícola de montaña, centrada no desbroce en altura.

Na presentación tamén se puxo en valor a colaboración nas xornadas do Campus Terra, coa participación nos relatorios de docentes da Escola Politécnica Superior de Enxeñería Agroforestal, como Antonio Rigueiro, Rosa Mosquera,Miguel Souto Cordero ou Mar Pérez Fra.

Os profesores da Escola Politécnica de Lugo Antonio Rigueiro, Rosa Mosquera e Mar Pérez Fra falarán de prácticas de aproveitamento silvopastoril

A vicerreitora da USC en Lugo, Montserrat Valcárcel, sinalou na súa intervención a orientación do Campus Terra “á investigación e transferencia de coñecemento ao sector primario e as persoas que viven no rural”.

Oliver Laxe, involucrado na iniciativa como promotor de Casa Quindós e membro da Asociación Ser, explicou que “as xornadas pretenden poñer o foco en proxectos innovadores no rural e servir como punto de encontro para a veciñanza”.

Poñer en valor a gandería extensiva de cabrún

A iniciativa, promovida pola área de Medio Rural, conta coa colaboración da Asociación Ser e da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que organizará no marco das xornadas a súa VI Reunión de Primavera, centrada en poñer en valor a gandería extensiva de cabrún de carne como alternativa de aproveitamento nas zonas de montaña.

“Consideramos que estas xornadas son unha oportunidade de gran potencial, xa que unen nun mesmo evento os potenciais emprendedores rurais coa iniciativa de Oliver Laxe para dinamizar a zona dos Ancares no marco do seu proxecto multifuncional da Casa Quindós, a experiencia en divulgación científica da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e a traxectoria investigadora do Campus Terra en materia agroforestal”, sinalou a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo. 

O plan estratéxico de Medio Rural contempla accións encamiñadas ao mantemento da superficie agraria útil e á recuperación de zonas de monte abandonadas ou improdutivas

Mónica Freire vinculou esta iniciativa ao plan de prevención de incendios O que non arde, dirixida a incentivar e apoiar os traballos de limpeza de faixas secundarias de biomasa e faixas laterais nas vías municipais e a súa recuperación como superficie produtiva. “O plan estratéxico de Medio Rural contempla accións encamiñadas ao mantemento da superficie agraria útil e á recuperación de zonas de monte abandonadas ou improdutivas, así como o fomento de labores de pastoreo, aproveitamento silvopastoril, broza ou xestión mixta sostible con sistemas agroforestais, onde se inclúan especies leñosas autóctonas. A ordenación do territorio é un piar fundamental na creación das condicións necesarias para un rural vivo”, apuntou.

Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

O derradeiro día das xornadas, o 27 de xuño, dedicarase ao desenvolvemento da VI Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que retoma a súa actividade formativa e divulgativa despois de meses condicionada pola pandemia.

O presidente da entidade, Joan Alibés, explicou que o encontro se centrará no desenvolvemento do sector cabrún na zona dos Ancares. “É un sector que está minguando fortemente, cun censo entre o 15% e o 20% do censo galego no último ano, cando pola contra temos unha necesidade acuciante de gando no monte, tanto nos Ancares como noutras zonas de montaña”, concluíu.

Para asistir á xornada da Sociedade Galega de Pastos, será preciso inscribirse previamente, xa que polas medidas sanitarias da Covid o aforo será limitado. A inscripción cubrirase por estricto orde de recepción do formulario, que se pode cubrir online nesta web

Programa completo:

VENRES 25:

10:00 Benvida aos asistentes.
10:30 Acto inaugural. Presentación das xornadas de desenvolvemento rural “O que non Arde”.
-Mónica Rancaño (Medio Rural da Deputación de Lugo).
-Oliver Laxe (Asociación Ser).
-Joan Alibés Biosca (Presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes).

11:00 Mesa redonda: Plans de incorporación de activos
-Pablo Iglesias (Xefe do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo, CMR)
-Xosé Luís Reza (IUNI – Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega – Presidente de Markea e do Clúster de Comunicación de Galicia).
-Manuel Redondo (Red Terrae).
Modera: Mar Pérez Fra (Profesora de Economía Aplicada do Escola Politécnica Superior de Enxeñería).

12:30 Pausa café

13:00 Los procesos de incorporación progresiva al campo: políticas públicas para el relevo generacional agrario:
-Neus Monllor (Consultora agrosocial e coordinadora da Red de Espacios Test Agrarios)
Presenta: Joan Alibés Biosca (Presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes).

14:30 Xantar

16:00 Relatorio: Buscando a excelencia no rural:
-Fernando García Dory (INLAND – Centro de acercamiento a lo rural)
-Alberto Uría (Apicultor e autor de “El pais del Abeyeiro”)
Presenta: Oliver Laxe

17:30 Mesa redonda: Novos poboadores da montaña e iniciativas empresariais na montaña:
-Pascal Encinga (Permacultor)
-David de Poso (Gandeiro da Cooperativa A Carqueixa)
-Hugo Santín (Melosa – Mel de montaña)
-Silvia Saavedra (Casa Niño Argalleiros)
-Hector e Jose Álvarez (Vitucultores de Coea e Mel de Ribeira do Navia)
-Manuel Gutierrez e Mireia Rodríguez (Cervexa artesá Colmo)
-Ana Díaz (Teletraballando en publicidade dende Pontes de Gatín)
Modera: Laura Pardeiro (Psicóloga e autora do blog Leiras e Marcos).

18:30 Presentación da programación e proxectos de Casa Quindós (Asociación Ser)

SÁBADO 26:

11:00 Relatorio: Desenvolvemento de aldeas cosmopolitas en Asturias
-Jaime Izquierdo (Comisionado para el reto demográfico de Asturias, escritor e experto en desenvolvemento rural)
Presenta: Eloi Villada Legaspi (Fundador da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes).

12:00 Pausa café

12:30 Mesa redonda: Iniciativas de desenvolvemento rural en outros concellos:
-Juan Anta (Alcalde do Concello de A Veiga).
-Xosé Romero (Técnico de Medio Ambiente do Concello de Allariz).
-Belarmino Fernández (Alcalde do Concejo de Somiedo).
Modera: Joan Alibés Biosca (Presidente da SGPF).

14:30 Xantar

16:00 Relatorio: Grupo de desenvolvemento rural GDR3 “Montes e Vales Orientais”
Fé Álvarez (Xerente do GDR3 Montes e Vales Orientais).
Presenta: Román Sánchez Besteiro (Xerente de A Carqueixa S. Coop Galega).

17:00 Relatorio A Carqueixa – O Sabor dos Ancares.
Román Sánchez Besteiro (Xerente de A Carqueixa)
Presenta: Oliver Laxe.

18:00 Demostración maquinaria agrícola de montaña, Segadoras Brielmaier.
José Domingo Fernández (Mazove).

19:00 Visita ao Castro do Teso da ermida e concerto de Davide Salvado e Fransy González.

DOMINGO 27:

VI REUNIÓN DE PRIMAVERA DA SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES (SGPF)

“O Cabrún como alternativa de aproveitamento do monte nos Ancares”.

10:00 Benvida do Presidente da SGPF (Joan Alibés).

10:30 Relatorio: Queima prescrita e mellora de pastos nos Ancares
Rosa Mosquera (Catedrática da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC)
Presenta: Joan Alibés Biosca (Presidente da SGPF).

11:00 Relatorio: Evolución do mato co manexo de pastos con cabras nos Ancares.
Eloi Villada e José Claudino Alba Regueiro.

11:30 Relatorio: Experiencia produtiva, comercializadora e convivencia coa fauna salvaxe da Granxa Teixeiro e Pistón S.C.
-Miguel Cordero Souto (Granxa Teixeiro e Pistón S.C.)
-Presenta: Carlos A. Rodriguez (Enxeñeiro Agrónomo e asesor de desenvolvemento rural da área de Medio Rural da Deputación de Lugo).

12:00 Pausa café

12:30 Mesa de traballo: Exposición de proxectos de cabrún e das súas necesidades:
-Jesús Méndez (Navia de Suarna)
-Pedro Álvarez (Navia de Suarna)
-Lucía García (Castroverde)
-Miguel Cordero Souto (Granxa Teixeiro e Pistón S.C. Profesor da EPS de Lugo)
Modera: Joan Alibés Biosca (Presidente da SGPF).

14:30 Xantar
16:00 Visita a Vilela
17:00 Visita ás transformacións de pastos de Cerredo e Quindous
18:00 Visita á Granxa Teixeiro e Pistón S.C.

cartel xornadas silvopastoreo Ancares

reunion Sociedade Galega de Pastos e Forraxes nos Ancares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información