Xornadas sobre cultivo biointensivo

Publicidade
Xornadas sobre cultivo biointensivo

Amigos da Terra promove novas iniciativas agroecolóxicas co seu proxecto de cultivo biointensivo, organizando duas xornadas de formación en Meaño ( Pontevedra) e Tronceda ( Ourense)

A ONG Amigos da Terra esta levando a cabo un proxecto de cultivo biointensivo para promover técnicas agroecolóxicas que contribúen á loita fronte á crise climática en diferentes territorios. O proxecto, que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, desenvólvese en Galicia, Aragón, as Illas Baleares e a Comunidade de Madrid.

No caso de Galicia, este domingo 4 de outubro, no concello de Meaño, (Pontevedra)   e o domingo 11 de outubro en Tronceda (Ourense) terán lugar  duas xornadas  de formación especifica  do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. Os cursos, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, no Museo da Muller Labrega, en Meaño, Pontevedra.

Ademais do intercambio de experiencias entre as participantes, traballarase na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como noutros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunhas hortas de referencia do proxecto nas respectivas comarcas.

A formación será impartida por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e mestre nivel básico do método biointensivo, ademáis de labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.

Máis información:

Guillermo Rodríguez Barreiro  656 95 53 30,
formación en Meaño, Pontevedra, 4 de outubro (domingo);
formación en Tronceda, Ourense, 11 de outubro (domingo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información