Xornadas sobre asesoramento agrogandeiro e homenaxe á extensión agraria o 24 e 25 de maio en Ribadeo

O próximo 24 e 25 de maio a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra en Ribadeo a novena reunión de primavera centrada este ano en “Pasado, presente e futuro do asesoramento. Homenaxe á extensión agraria”, un servizo público de asesoramento que contribuíu de forma decisiva á modernización do agro.

As xornadas celebraranse no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias. A participación na reunión é de balde pero é preciso inscribirse antes do 22 de maio, indicando día e intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686620154 (Eloi) ou 628713263 (Victor). O coste do xantar será de 20 Euros.

Nestas xornadas colaboran o Concello de Ribadeo, Deputación de Lugo (Área de Medio Rural), Xunta de Galicia (Consellería de Medio Rural), AGACAL e o CFEA Pedro Murias.

Velaquí o programa:

xornada SGPF Ribadeo extension agraria 24 1 xornada SGPF Ribadeo extension agraria 24 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información