Xornadas sobre “As actividades agro-gandeiras fronte os incendios na montaña”

O evento está organizado pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e terá lugar en Quiroga

Gando extensivo no Courel.

Gando extensivo no Courel.

O próximo 16 e 17 de novembro levaranse a cabo en Quiroga (Lugo) as xornadas As actividades agro-gandeiras fronte os incendios na montaña. Experiencias (III). A participación é gratuíta e os interesados poden inscribirse ata o día 13 de novembro nos teléfonos 686620154 / 628713263 ou no correo sgpf.galicia@gmail.com.

Organizada pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, conta coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel e o Concello de Quiroga.

Programa das xornadas:

SÁBADO 16

  • 9:30. Recepción de participantes na Casa da Cultura de Quiroga
  • 10:00. Apertura da Reunión. José Luís Rivera: Alcalde do Concello de Quiroga; Olga Iglesias: Xefa Territorial da Consellería de Medio Rural; Efrén Castro: Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo; Isabelle Gomez: Presidenta da SGPF.
  • 10:30. A xestión integrada dos montes comunais e privados de Moreira de Donís (Cervantes). Lucia Gonzalez (Coop A Carqueixa) e Antonio Delpueblo (Gandeiro en Moreira).
  • 10:50. BIOCACHENA Rouças. Arnaldo Rouceiro (Gandeiro) na Serra da Peneda (Portugal).
  • 11:10. O valor das razas autóctonas no sector cárnico de alta calidade (Galicia e Portugal). Mario Nogueira (Comercial e Divulgador de OKELAN).
  • 11:30. Pausa para café.
  • 12:00. De Vigo a Montederramo. Regreso ás orixes na gandería “Casa Laza”. Elías Gómez (Gandeiro) Montederramo.
  • 12:20. O meu proceso de incorporación ao mundo rural en Neipín (A Pontenova).Uxía Salvatierra (Estudante de Agronomía).
  • 12:40. Renovar con fogo: o fogo prescrito na xestión do territorio Henrique Godinho (LIFE Maronesa e NODFYR Portugal).
  • 13:10. Experiencias de control da matogueira con cabras (Marco da Curra). Santiago Crecente (Investigador do CIAM-AGACAL).
  • 13:30. Coloquio sobre os temas tratados.
  • 14:15. Xantar.
  • 16:00. Conservar o que herdamos, mellorar e diversificar as actividades no rural. Brais Vazquez (Estudante de Agronomía).
  • 16:20. Os camiños dos sabores. Marcos Reinoso. Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel. Paderne (Courel).
  • 16:40. Coloquio sobre os temas tratados.
  • 17:00. Mesa Redonda sobre Experiencias de regreso á montaña.
  • 18:00. Clausura da reunión.

DOMINGO 17

  • 10:30. Visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga.
  • 11:30. Visita ao monte comunal de Fiais e ao rabaño de vacas cachenas que o pacen (Guia Mario Nogueira).
  • 14:00. Fin da visita e xantar para fomentar intercambio de impresións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información