Xornadas prácticas sobre uso de serradoiro portátil en Rianxo

As sesións buscan promover o aproveitamento sustentable da madeira mediante demostracións co uso dun serradoiro portátil para fomentar a xestión local e comunitaria dos recursos forestais

Publicidade
Publicidade

serradoiro portatilA Plataforma pola Defensa do Monte organiza dúas xornadas demostrativas sobre a transformación da madeira mediante o uso dun serradoiro portátil. Esta iniciativa encádrase no proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e busca promover prácticas forestais sustentables.

A primeira das xornadas terá lugar o martes 22 de abril na Comunidade de Montes de Leiro, en Rianxo. A segunda celebrarase tamén en Rianxo, na Comunidade de Montes do Araño, aínda sen data confirmada.

Durante estas sesións, empregarase un serradoiro portátil da marca Logosol, cedido pola Comunidade de Montes de Baroña. Será o seu propio persoal quen se encargue de guiar as demostracións prácticas.

Estas actividades dan continuidade á experiencia desenvolvida en marzo en Baroña, no concello de Porto do Son. O obxectivo principal é fomentar o aproveitamento local da madeira e ofrecer alternativas máis respectuosas co medio ambiente e coa comunidade.

Na sesión do 22 de abril en Leiro, participarán arredor de 40 alumnos de centros educativos da comarca do Barbanza. A xornada prevista no Araño terá un enfoque máis aberto e festivo, dirixido á veciñanza e ao conxunto da comunidade.

As xornadas inclúen a posibilidade de que persoas particulares ou comunidades poidan transformar a súa propia madeira mentres o serradoiro permaneza en Rianxo. Para iso, é preciso contactar previamente co proxecto a través do correo electrónico info@barbanzaecosocial.org.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e está coordinado pola Fundación RIA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información