Xornadas online sobre gandaría ecolóxica

Nas sesións, organizadas polo Craega, os expertos abordarán cuestións como os requisitos das instalacións en ecolóxico, o benestar animal ou a normativa europea para estas granxas

Xornadas online sobre gandaría ecolóxica

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pecha agosto cunhas xornadas online sobre gandaría ecolóxica. Entre o luns 24 e o venres 28, cinco expertos disertarán sobre o impacto da normativa europea neste tipo de produción, o consumo de carne certificada, as instalacións destas gandarías ou o benestar animal, entre outras cuestións.

Todas as intervencións poderán seguirse en directo no perfil de Facebook da entidade a partir das 13.00 horas. Ademais, os usuarios terán ocasión de expor as súas dúbidas a través do chat. A dirección do Craega opta por primeira vez por este formato para garantir o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria e evitar o avance da pandemia.

Aínda que se retransmirán en directo, os vídeos coas intervencións poderán verse posteriormente tanto no Facebook do Craega como na súa canle de Youtube.

Detallamos, a continuación o programa do ciclo:

Luns 24.

Jesús Cantalapiedra Álvarez, da Consellería do Medio Rural, abordará o futuro da agricultura e a gandaría ecolóxicas no marco europeo e o impacto das políticas da Unión Europea na produción ecolóxica.

Martes 25.

Daniel Franco Ruiz, investigador do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca). Falará do consumo da carne certificada.

Mércores 26.

Joaquim Lima Cerqueira, profesor da Escola Agraria Superior de Ponte de Lima (Portugal), centrarase no benestar animal, en concreto nas condicións que deben respectar os gandeiros que se dedican á cría de vacún de leite ecolóxico.

Xoves 27.

Elena Fernández Rodríguez, profesora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Agrícola da Universidade de Santiago tratará as instalacións de gando ecolóxico e as súas peculiaridades.

Venres 28.

Ramón Lamelo Otero, da Consellería do Medio Rural abordará a comunicación ambiental e o proxecto Click On T.

-Acede aquí ás conferencias.

 

semana_ganderia_ecoloxica-cartel-

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información