O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria acaba de presentar a súa programación formativa de primavera Cadeiras de Divulgación Forestal, que se inclúen no programa de formación continua agroforestal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería de Medio Rural.
O obxectivo é continuar desde unha óptica forestal co proxecto de cátedras ambulantes de divulgación agrogandeira que durante a década dos anos 20 do século pasado achegou o coñecemento técnico-científico da época ás persoas do rural. Ademais, como sinalan dende o Distrito, buscan que estas xornadas servan tamén como homenaxe e recoñecemento a todas as profesionais que adicaron e adican o seu tempo á extensión agroforestal e á divulgación rural.
Os cursos desenvolveranse en sesións de tarde co seguinte calendario:
Xoves 19 de maio en Portomarín: Normativa práctica forestal
Mércores 25 de maio en Lugo: Material Forestal de Reprodución
Xoves 2 de xuño en Lugo: Taller Corweb
Xoves 9 de xuño en Lugo: Autoprotección e prevención de incendios
Xoves 16 de xuño en Palas de Rei: Normativa práctica forestal
Xoves 30 de xuño en Lugo: Xestión de Xuntas Reitoras
Xoves 7 de xullo en Lugo: Comunicación forestal coas novas tecnoloxías
As persoas interesadas en participar nos cursos poden inscribirse aquí. Ademais, poden obter máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9