Xornadas formativas sobre cultivo de grelo en Ordes, Xinzo de Limia, Abadín e O Rosal

Publicidade

TERESA_GRELO_02_STANDARA Consellería do Medio Rural organizará catro accións formativas sobre o cultivo de grelo en Galicia. As xornadas Grelo galego, un cultivo con futuro. Tradición, innovación e territorio serán impartidas por expertos en enxeñería agrónoma e veterinaria.

Neste curso farase unha introdución á Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia, centrándose nos requisitos de certificación e as vantaxes da marca. Impartiranse tamén técnicas modernas de produción de grelo, así como nocións básicas de manexo integrado para poder identificar pragas e enfermidades que afectan ao grelo.

No eido do procesado, a calidade e a comercialización, a acción formativa afonda nos criterios de conservación e lavado dos grelos. Por último, impartirase unha sesión sobre a recolección mecanizada deste vexetal.

Celebraranse un total de catro edicións deste curso, noutras tantas localizacións, durante as fins de semana de novembro, divididas en dúas sesións. As clases dos venres -en horario de tarde- serán teóricas; mentres que as dos sábados -en horario de mañá- consistirán nunha demostración práctica de campo.

As xornadas formativas terán lugar no Mercado Agrario Comarcal Mesón do Vento de Ordes, os días 7 e 8 de novembro; na Oficina Agraria Comarcal do Rosal, o 14 e o 15; na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, o 21 e o 22; e no Concello de Abadín os día 28 e 29.

As persoas interesadas en inscribirse nesta acción poderán facelo enviando un correo electrónico ao enderezo direccion.agacal@xunta.gal ou no número de teléfono 881 996 280.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información