Xornadas formativas no Courel e en Rianxo sobre valorización do monte e certificacións forestais

No marco do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático), que lideramos desde a Fundación Juana de Vega, imos organizar dúas novas xornadas formativas sobre valorización dos recursos do monte. Terán lugar en Seoane do Courel (Lugo) e Rianxo (A Coruña) o xoves 12 e o martes, 17 de setembro.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org). 

juana de vega courel

Data: xoves, 12 de setembro
Hora: 17:00 a 20:00h
Lugar: Estación Científica do Courel (Seoane do Courel, Lugo)
Que vas aprender? Porase o foco en temas como as certificacións forestais, o aproveitamento micolóxico (normativa e posta en valor) e a protección da natureza como motor de desenvolvemento rural.
Programa completo [ver aquí] ⤵️

juana de vega rianxo
Data: martes, 17 de setembro
Hora: 17:00 a 20:00h
Lugar: Centro Social do Araño (Concello de Rianxo, A Coruña)
Que vas aprender? Prestarase especial atención á xestión da auga, ás certificacións forestais e ás relacións entre os medios urbanos e forestais.
Programa completo [ver aquí] ⤵️

Quen impulsa CAPRIF-CC?

O proxecto CAPRIF-CC, que se desenvolverá ata finais de 2025, está promovido pola Fundación Juana de Vega, o Centro Estudos Eurorrexionais, a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos Next GenerationEu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información