Xornadas formativas na provincia de Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

Xornadas formativas na provincia de Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

Nas xornadas abordaranse temas como a xestión de biomasa, as queimas controladas ou as repoboacións forestais.

Ó longo deste mes de novembro celebraranse na provincia de Ourense distintas accións formativas sobre Aspectos Prácticos da Normativa Forestal. En concreto as xornadas levaranse a cabo en nove localidades: Carballiño, Xunqueira de Espadañedo, Ourense, O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Verín, A Gudiña, Bande e Xinzo de Limia.

O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.
Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:
– Obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios
– Usos do lume e permisos de queima
– Actividades en terreos queimados
– Repoboacións forestais
– Aproveitamentos de madeira
– Cambios de actividade

Estas accións están aprobadas dentro do plan de Formación Continua de Medio Rural a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). As xornadas están organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia, cuxo persoal impartirá a formación.

Os cursos están dirixidos a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria alimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial xuventude do medio rural. As persoas interesadas poden solicitar máis información nos teléfonos 988 386 706 e 616 480 069 e anotarse enviando un email a montes.medio-rural.ourense@xunta.gal ou maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal

Datas, lugares e horarios dos cursos:

9/11/2021 Xunqueira de Espadañedo (Salón de actos do Concello) de 16.30 a 20.30 horas.

11/11/2021 O Barco de Valdeorras (Casa Grande de Viloira) de 16.30 a 20.30 horas.

12/11/2021 A Gudiña (Casa da Viuda) de 16.30 a 20.30 horas.

15/11/2021 Castro Caldelas ( Salón Noble do Castelo) de 16.00 a 20.00 horas.

16/11/2021 Ourense (Salón de actos ISSGA) de 16.30 a 20.30 horas.

17/11/2021 Verín (Casa da Cultura) de 17.30 a 21.30 horas.

18/11/2021 Xinzo de Limia (Casa da Cultura) de 17.30 a 21.30 horas.

19/11/2021 Bande (Salón de actos do Concello) de 16.30 a 20.30 horas.

24/11/2021 O Carballiño (Casa da Cultura) de 16.30 a 20.30 horas.

Cartel_Normativa_forestal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información