Xornadas formativas en Ourense sobre dixitalización na viticultura

Publicidade
Xornadas formativas en Ourense sobre dixitalización na viticultura

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde), dependente da Deputación de Ourense, promove a dixitalización en viticultura a través dunha acción formativa que consiste nunha xornada teórico-práctica baixo o título “Apoio á toma de decisión en viñedo” que organiza en cada unha das catro Denominacións de Orixe da provincia de Ourense.

Esta iniciativa, que se enmarca dentro do proxecto europeo Red Agriconect 4.0, está dirixida a adegas e a empresas do sector vitivinícola.

Programación

A primeira xornada será na Denominación de Orixe de Monterrei o día 11 de agosto. A parte teórica impartirase no Centro de Interpretación do Viño (fronte ao Hospital de Peregrinos), mentres que a visita en campo será na Finca Experimental que traballa o Inorde en Monterrei. Ao día seguinte, o 12 de agosto, será a quenda para a Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, por elo, a parte teórica desenvolverase no Centro Social de A Teixeira e a parte práctica nun viñedo de altura da Adega Vella en Abeleda.

A formación continuará o 18 de agosto, na Denominación de Orixe de Valdeorras, onde a parte teórica se impartirá na aula do Consello Regulador de dita Denominación de Orixe, e a parte práctica nun viñedo que está ao carón do mesmo. Por último, o día 19 de agosto, concluirase esta iniciativa na Denominación de Orixe do Ribeiro, reunindo aos participantes na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).

O proxecto Red Agriconect 4.0, do que o Inorde é socio, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información