Xornadas en Monforte sobre gandería extensiva e o seu modelo produtivo

Xornadas en Monforte sobre gandería extensiva e o seu modelo produtivo

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dous cursos sobre a sustentabilidade do modelo produtivo da gandería extensiva e a súa relevancia para o clima. As accións formativas celebraranse os días 21 e 22 de xuño, ao longo da mañá, dende as 10:00 horas ás 14:15 da tarde.

Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo da gandería extensiva e as perspectivas de futuro con respecto ao clima e o territorio. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

As inscricións poden facerse online neste enderezo: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información