Xornadas en Lugo sobre elaboración de cervexa artesanal

Publicidade
Xornadas en Lugo sobre elaboración de cervexa artesanal

Nas xornadas coñeceranse distintos proxectos de cervexas artesáns.

Data inicio: 17/10/2019
Data fin: 18/10/2019
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza os días 17 e 18 de outubro unhas xornadas centradas na elaboración de cervexa artesanal. Nas sesións abordarán a diversidade de opcións que se presentan ós produtores á hora de elaborar este tipo de bebidas.

As xornadas celebraranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. O xoves 17 a sesión arrancará ás 8:45 horas e prolongarase ó longo de toda a xornada, mentres que o venres 18 será só en quenda de mañá.

Nos seminarios trataranse cuestións claves para a elaboración da cervexa como o cultivo da cebada cervexeira e do lúpulo, a calidade da auga para o preparado da bebida ou o proceso de fermentación. Tamén se coñecerán diferentes experiencias e proxectos e realizarase unha visita á plantación de lúpulo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) e ó museo da cervexa Estrella Galicia, Mega, inaugurado o pasado mes de xuño e ubicado nas instalacións da fábrica cerveceira de Hijos de Rivera na cidade da Coruña.

As xornadas son gratuítas pero será preciso inscribirse antes das 14:00 horas do próximo 16 de outubro. Os formularios de inscrición poden remitirse por fax ó 982 294 937 ou o email xbruna (arroba) xunta.es. As prazas son limitadas, e no caso das visitas, que se realizarán na xornada do venres, poderán participar un máximo de 30 persoas. Ademais, para rematar a sesión haberá un xantar que correrá por conta de cada un dos participantes.

A continuación detallamos o programa das xornadas:

Xoves 17 de outubro

8:45 horas. Recepción dos asistentes e presentación da xornada.

9:00 horas. A calidade da auga para a elaboración de cervexa. Hussein Hussein (Departamento de Produción en Hijos de Rivera, SAU).

9:30 horas. O cultivo da cebada cervexeira. Benigno Ruiz Nogueiras (USC-EPSE Lugo).

10:00 horas. Caso práctico: O cultivo de cebada cervexeira en Galicia. José Manuel Leiras Fernández (A Pobra do Brollón).

10:20 horas. O malteado da cebada. Ismael Lozano Mencía, de Micromaltería Grannaria (León).

11:00 horas. O cultivo do lúpulo en Galicia. Javier José Cancela Barrio (USC-EPSE Lugo).

11:30 horas. Recuperación do cultivo do lúpulo en Bragança. M Ângelo Rodrigues (CIMO/IPB) (Bragança-Portugal).

12:20 horas. Co-fermentación: Efectos sinérxicos e o seu potencial. Joan Montasell de Lallemand Brewing España & Portugal (Cataluña).

12:45 horas. Os lévedos no proceso de fermentación da cervexa. David Carriba Alonso de Fermentis España (Madrid).

13:15 horas. Mesa redonda.

16:00 horas. A craft beer, pasado, presente e futuro. Enrique Cacicedo, de Cerveza Dougall ́s (Cantabria).

16:30 horas. Experiencias e proxectos das craft beer en España:

-Fernando Iglesias. Responsable da Cultura Cervexeira de Hijos de Rivera SAU (A Coruña).

-Luis González Portabales, de Cervexa Esmorga (Ourense).

-Miguel Lojo de Paz, de Cervesa Maestró (Barcelona).

-Mónica Somacarrera, Cerveza Ecológica Gabarrera (Madrid).

-Pedro Mota, de Cerveja Nortada (Porto-Portugal).

17:45 horas. Mesa redonda. Moderador Carlos Brea.

19:00 horas. Cata de cervexas artesás.

Venres 18 de outubro (xornada de mañá)

Saída de Lugo ás 9:00 horas (Aula de Produtos Lácteos da USC – fronte á Policía Local de Lugo).

10:00-11:30 horas. Visita á plantación de lúpulo e maquinaria (CIAM Mabegondo).

12:00-13:00 horas. Visita a MEGA: Mundo Estrella Galicia (A Coruña).

13:15-14:00 horas. Cata de cervexas en MEGA (A Coruña).

14:15-16:00 horas. Xantar en Estrella Galicia-Catro Camiños (A Coruña).

– Formulario de inscripción das xornadas. 

-Consulta o programa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *