A Deputación de Lugo, xunto a Real Academia de Ciencias e o Campus Terra, impulsan a 35 edición do Ciclo Luis Asorey. As xornadas, que serán de entrada libre e gratuíta, terán lugar entre os días 18 e 27 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
As xornadas desenvolveranse entre as 19:00 e as 21:00 horas e estarán coordinadas por Antonio Rigueiro, catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e membro numerario da RAGC.
Rigueiro iniciará o ciclo cunha conferencia sobre a importancia da natureza na alimentación. Rosaura Leis será a encargada de explicar a influencia que ten a dieta atlántica na saúde e sustentabilidade e Ángeles Romero, noutra conferencia, enfocarase no envellecemento saudable a través da nutrición.
O día 21, Dolores Raigón tratará os puntos positivos e negativos nutricionais dos alimentos ecolóxicos. A semana seguinte comezará con Ángel Carracedo falando sobre a relación entre a xenética, o medio ambiente e a saúde.
Outra das conferencias irá da man de Gumersindo Feijoo, que comparará a dieta atlántica con outras convencionais e, para rematar o ciclo, o doutor José María de Matías explicará como a dieta atlántica axuda a prever enfermedades endócrinas ou a obesidade.
As persoas interesadas en asistir ás conferencias poden inscribirse a través da seguinte ligazón.