Xornadas divulgativas sobre a prevención de riscos laborais no uso de maquinaria agrícola

ASAGA inaugura este xoves 30 en Ribadeo a primeira dunha serie de accións formativas que se irán desenvolvendo por toda Galicia nas vindeiras semanas para reducir a siniestralidade no rural

Xornadas divulgativas sobre a prevención de riscos laborais no uso de maquinaria agrícola

Ao logo dos vindeiros meses de setembro e outubro, a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) organizará en varios puntos do territorio galego unha serie de “Xornadas divulgativas sobre a Prevención de Riscos Laborais no uso de Maquinaria Agrícola”. A sesión inaugural terá lugar este xoves 30 de setembro, a partir das 11:30 da mañá, en Comercial Agrícola Ribadeo (O Pinar, Nº 7, Ribadeo, Lugo).

Todas estas xornadas formativas terán unha duración aproximada de dúas horas e media, e serán impartida por unha Titulada Enxeñeira de Montes e/ou Enxeñeiro Agrícola, con titulación Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais. En cada sesión trataranse os seguintes módulos:

  • Prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola
  • Prevención de riscos no uso de productos fitosanitarios

A asistencia ás xornadas será libre e gratuíta ata completarse o aforo e, ademais, tódolos asistentes recibirán un tríptico informativo e documentación de interese xeral para unha execución de boas prácticas nas súas labores profesionais no campo.

Para o correcto desenvolvemento das actividades, ASAGA intentará ter en cada sesión algún tipo de maquinaria agrícola para que os asistentes poidan seguir de primeira man as medidas de seguridade que teñen que adoptar ao utilizar os tractores ou apeiros para a actividade agrícola e gandeira.

Na xornada inaugural que terá lugar este xoves 30 en Ribadeo, a organización levará unha manipuladora telescópica da marca JCB, módelo 536-95, AGRIXTRA, cedidos pola empresa Millares Torrón, S.L.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información