Xornadas de Produción Ecolóxica en vacún de leite

Publicidade
Xornadas de Produción Ecolóxica en vacún de leite
Data inicio: 01/04/2016
Data fin: 01/04/2016
Lugar: Polígono Lalín 2000, 1B, 36512 Lalín, Pontevedra, España

O sindicato Unións Agrarias e o concello de Lalín organizan para o vindeiro venres, 1 de abril, as I Xornadas de Produción Ecolóxica nas comarcas de Deza-Tabeirós e Terra de Montes, que se celebrarán no edificio da UNED, no polígono industrial Lalín 2000.

Estas xornadas están dirixidas especialmente ás ganderías de vacún de leite, xa que a produción de leite en ecolóxico incrementou a súa demanda por parte da industria láctea, tanto por parte de Lactalis, como recentemente por parte de Leite Celta.

O programa da xornada é o seguinte:

11:15 horas: Apertura e entrega de documentación.

11:20 horas: Inauguración a cargo de José Manuel Hermida Arias, concelleiro de Actividade e Produción Agraria do Concello de Lalín.

11:30 horas: Introdución á gandería ecolóxica. Ernesto Sánchez-Salgado, técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

12:30 horas: Políticas de apoio á produción ecolóxica por parte da Consellería do Medio Rural. Ramón Lamelo Otero, xefe de área do Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria.

13:15 horas: Situación do Mercado e posta en valor da produción ecolóxica desde o punto de vista das áreas de distribución. Jordi Morales Lozano, xerente de compras de Lidl Supermercados España.

13:45 horas: Conclusións

14:00 hora: Clausura por parte de Rafael Cuiña Aparicio, alcalde de Lalín.

A asistencia é gratuíta e non é necesario realizar inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información