Xornadas de portas abertas en maio e xuño para coñecer as Rutas dos Viños de Galicia

Publicidade
Xornadas de portas abertas en maio e xuño para coñecer as Rutas dos Viños de Galicia

Clausura das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Foto: Xoán Crespo

O  conselleiro do Medio Rural en funcións, José González clausurou este luns en Santiago de a presentación da XI edición das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que se desenvolverán ao longo de cinco fins de semana, entre o 13 de maio e o 10 de xuño.

As xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños desenvolveranse dedicando unha fin de semana a cada unha das rutas, sendo a primeira a Ruta do Ribeiro (13 ao 15 de maio), posteriormente a das Rías Baixas (20 ao 22 de maio), a de Valdeorras (27 ao 29 de maio), Ribeira Sacra (3 ao 5 de xuño) e finalmente a de Monterrei (do 10 ao 12 de xuño).

Deste xeito, entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción, se ben recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa bodega correspondente por motivos de aforo. Ademais de menús en restaurantes e da posta en marcha do Bus do Viño para facilitar as visitas ás adegas, na páxina de Facebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

Dinamización turística das comarcas vitivinícolas de Galicia

Durante o acto, o conselleiro do Medio Rural equiparou estas rutas coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta en colaboración co sector, coas tres universidades galegas e cos axentes relevantes dos respectivos territorios para acadar a consolidación dos nosos viños nos diferentes mercados.

Así, o conselleiro sinalou que o viño debe servir de dinamizador das comarcas vitivinícolas, apostando por un valor engadido que incentive a súa promoción e comercialización a través dun prezo que beneficie dende o máis pequeno viticultor ata a máis grande adega. Deste xeito -dixo- poderemos acadar o obxectivo de afianzar Galicia como referente de viños de calidade, ademais de como principal destino enoturístico, aproveitando o impulso do Xacobeo 2021-2022 e de futuros Xacobeos, así como doutros eventos promocionais. Nesa liña -apuntou- o enoturismo supón un elemento clave na desestacionalización do turismo galego, ao tempo que permite dar a coñecer os nosos viños vinculados aos territorios nos cales se producen.

Na súa intervención, José González engadiu que temos que continuar impulsando a calidade que ampara moitas das producións alimentarias de Galicia e nomeadamente os viños galegos, a través da sección Galicia Calidade Alimentaria que contribuirá ao pulo que debe seguir representando un dos eidos máis estratéxicos e dinámicos do noso sector primario.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información