Xornadas de fruticultura na vindeira semana

A EFA Fonteboa organiza unha serie de charlas e talleres prácticas entre o 17 e o 19 de febreiro. Abordaranse prácticas en diferentes especies, tratamentos ou enxertos. A asistencia require de inscrición previa

Publicidade
Xornadas de fruticultura na vindeira semana

O manexo de árbores froiteiras é o tema sobre o que xira esta xornada

O centro de promoción rural-EFA Fonteboa organiza unhas xornadas de fruticultura os vindeiros 17, 18 e 19 deste mes. Esta cita abordará diferentes temáticas, aportando aspectos prácticos como o tratamento de enfermidades ou o proceso correcto de poda. A cota xeral de inscrición é de 30€, e reducida a 20€ para os socios da Asociación EFA Fonteboa.

Este evento comeza o xoves 17 ás 10.00h coa intervención de José Antonio Fragaira, quen tratará o tema das pequenas froiteiras ata as 14.00h. O día seguinte, a xornada alongarase desde as 10.00h ás 19.00h, e contará coa intervención de Javier Villaverde para explicar prácticas en castiñeiro, de Manuel Crespo, para detallar tratamentos, pragas e enfermidades en froiteiras, e por último, de 16.00h a 19.00h coa exposición de Santiago Ramos sobre enxertos en diversas especies.

O derradeiro día destas xornadas será o sábado 19. Nesta ocasión José Luis Vieites e Amancio Lavandeira impartirán unha clase práctica sobre a poda de árbores. A xestión das inscricións pode ser no teléfono 981 733 051 ou a través da dirección de correo electrónico fonteboa@fonteboa.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información