Xornadas de fruticultura esta semana en Coristanco

Publicidade
Publicidade
Xornadas de fruticultura esta semana en Coristanco
Data inicio: 24/01/2017
Data fin: 27/01/2017
Lugar: Ponte Pequena, 22, 15147 Coristanco, A Coruña, España

O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa (Coristanco) organiza ao longo desta semana unhas Xornadas de Fruticultura.

O programa das mesmas é o seguinte:

Martes 24 de Xaneiro
10.15-13.30 Procedemento e fundamentos na plantación de froiteiras
José Luis Vieites. Técnico de Fruticultura.

15.00-18.30 Obradoiro de enxertos.
José Luis Vieites. Técnico de Fruticultura.

Mércores 25 de Xaneiro
10.15-13.30 Poda e coidados en plantas ornamentais
Manuel Miranda. Xerente Xardíns Edén SL.

Xoves 26 de Xaneiro
10.15-13.30 Coidados culturais na Actinidia chinensis (Kiwi)
Eduardo Penedo. Enxeñeiro Técnico Forestal.

15.00-18.30 Principios de cirurxía en froiteiras de carabuña
Eduardo Penedo. Enxeñeiro de Técnico Forestal.

Venres 27 de Xaneiro
10.15-13.30 Visita de estudo: Proxecto comercialización de mazá de Sidra (Paderne)

Prezo: para os socios da asociación Fonteboa son 20€ e para os non socios 50€. Inclúe o xantar do martes e do xoves.

Inscrición: 981 733 051 ou enviando un correo a inscricion@efagalicia.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *