As DAGAs Ortegal, Ferrol, Coruña e Mondoñedo, organizan conxuntamente un programa de charlas sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario asturiano Carlos Marín. Terán lugar nas respectivas delegacións durante a fin de semana do 20 ó 22 de marzo. A asistencia é de balde para socios e socias, pero requírese a inscrición previa na Asociación Galega de Apiculura, antes do 13 de marzo.
Contidos:
-Varroase: Comportamento da enfermidade, sistemas de estimación do grado de parasitación das colonias, exemplos de aplicación práctica e estratexias de loita e control
-Loque americana e ascosferose (pollo escaiolado): comportamento da enfermidade, factores clave na prevención e control
-Vespa velutina, últimas novidades
Calendario e lugares:
DAGA CORUÑA: 20 de marzo, de 18 a 20.30 h. Mesón-Café Godello (A Coruña)
DAGA FERROL: 21 de marzo, de 11 a 13:30 h. Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (Narón)
DAGA ORTEGAL: 21 de marzo, de 16 a 18:30. Centro de Formación de Ortigueira – P.I. A Rega – Cuiña (Ortigueira)
DAGA MONDOÑEDO: 22 de marzo, de 11 a 13.30 h. Centro Comarcal A Mariña Lucense (Antigo cuartel)
Inscricións:
Prezo: De balde para socios/as de AGA e 20 € para o resto
Data límite: 13 de marzo 2020
Enviar un email a info@apiculturagalega.es ou chamar por teléfono 981 508 142, indicando: nome, NIF, teléfono e email.
As persoas non socias teñen que facer o ingreso no nº de conta ES02 2080 0348 3830 0001 8210, indicando no concepto o seu nome e “Charla sanidade apícola”, e enviar despois o xustificante de pagamento.