Xornadas de formación en Ourense para a manipulación de produtos fitosanitarios de nivel básico

Consistirán en dous cursos que se desenvolverán no Instituto de Seguridade Laboral de Galicia (Issga) asentado en Ourense. O primeiro deles comeza o vindeiro día 21 de setembro, e o seguinte celebrarase o 19 de outubro; ambos, cunha duración de 27 horas

Publicidade
Xornadas de formación en Ourense para a manipulación de produtos fitosanitarios de nivel básico

Esta acción formativa está destina a evitar malas prácticas, e garantir os plazos de seguridade, así como o uso de quipos de protección

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza en Ourense dous cursos de manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. Ambas formacións impartiranse no Issga de Ourense ao longo de oito días en horario de tarde, desde as 19.00 ata as 22.25 horas. O primeiro obradoiro comezará a partir do vindeiro mércores 21 de setembro, e o segundo está previsto que se celebre dende o 19 de outubro.

O obxectivo desta formación é proporcionar aos alumnos, mediante unha parte teórica e outra práctica, os coñecementos necesarios para que os agricultores efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas, garantindo que cumpren os prazos de seguridade e utilizando de forma correcta os equipos de protección, ao mesmo tempo que se busca evitar a contaminación do ambiente pola súa mala aplicación.

Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Deste xeito, as persoas que queiran participar poden atopar o referido ao curso, así como facer a preinscrición en liña nesta páxina.

O coordinador dos cursos porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 386 545, ou enviarse un correo a oac.seca.orense@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información