A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dúas xornadas en Chantada sobre bioseguridade nas explotacións porcinas. Os obradoiros desenvolveranse na aula CeMIT de Chantada o vindeiro xoves 1 e o venres 2 de decembro en horario de 16,00 a 21,00 horas.
O obxectivo destas formacións é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios no ámbito da prevención, bioseguridade e a redución de tratamentos con antimicrobianos. Ademais, búscase mellorar a competitividade das explotacións porcinas e preparar aos gandeiros para que afronten con éxito a loita contra as novas emerxencias sanitarias.
Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.
A incrición pode facerse onlie no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas.
Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal