Xornadas da USC sobre o novo PDR galego 2014-2020

Publicidade
Xornadas da USC sobre o novo PDR galego 2014-2020

Pradeiras no Pedregal de Irimia. Foto: SGPF

Data inicio: 12/07/2016
Data fin: 14/07/2016
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro mes de xuño unhas xornadas sobre o novo Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Baixo o título de “A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais”, diversos expertos analizarán entre o 12 o 14 de xullo as estratexias a seguir neste ámbito.

As xornadas, que forman parte dos cursos de verán da USC, están dirixidas por Edelmiro López Iglesias e Mª do Mar Pérez Fra e celebraranse na Escola Politécnica Superior de Lugo.

Programa:

Martes 12 de xullo

9.30 Recepción dos asistentes e entrega de documentación

10.00-10.30 Inauguración das Xornadas -Representante da Excma. Deputación Provincial de Lugo -Vicerreitor da USC/ Director da EPS de Lugo -Edelmiro López Iglesias e Mª do Mar Pérez Fra. Directores das Xornadas

10.30-12.00 Conferencia: A evolución da política de desenvolvemento rural da UE e a súa configuración no período 2007-2013. Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC

12.00-12.15 Pausa-café

12.15-14.15 Mesa redonda: A aplicación e resultados do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013: un balance provisional. Moderador: Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC. Participantes:

-Jacobo Feijóo. Secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias-UPA
-Xosé Alfredo Pereira. Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común -Antonio de María Angulo. Presidente de SILVANUS
-Carlos Rodríguez Rodríguez. Técnico de OVICA

14.15 Descanso-xantar

16.15-17.45 Conferencia: O novo deseño da política de desenvolvemento rural da UE no período 2014-2020; o Programa de Desenvolvemento Rural de Asturias. Jesús Casas Grande. Director General de Desarrollo Rural y Agroalimentación. Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales del Principado de Asturias

17.45-18.00 Pausa-café

18.00-19.30 Conferencia: O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014- 2020. Patricia Ulloa Alonso. Subdirectora Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia

Mércores 13 de xullo

9.30-12:00 Taller: A dinámica recente das áreas rurais en Galicia; principais retos a comezos do século XXI Coordinador do taller: Emilio R. Díaz Varela. Profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC. O taller consistirá nun proceso de identificación dos retos futuros das áreas rurais en Galicia por parte dos asistentes ás Xornadas, empregando como metodoloxía un Diagrama de Afinidade.

12.00-12.15 Pausa-café

12.15-14.15 Mesa redonda: A posible contribución do PDR 2014-2020 ao futuro do medio rural galego. Moderador: Emilio R. Díaz Varela. Profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC.. Participantes: Representantes de organizacións sociais e profesionais que forman parte do Comité de Seguimento do PDR 2014-2020:

-Higinio Mougán. Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA)
-Eloi Villada. Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
-Roberto Hermida. Presidente de AGCT
-Ana Oróns. Confemadera Hábitat Galicia

14.15 Descanso-xantar

16.15-17.45 Conferencia: A evolución do programa Leader en Galicia e a súa configuración no período 2014-2020. Mar Pérez Fra. Profesora de Economía, Socioloxía e Política Agraria. Departamento de Economía Aplicada da USC

17.45-18.00 Pausa-café

18.00-20.00 Mesa redonda: Balance do programa Leader 2007-2013 en Galicia e perspectivas para o período 2014-2020: a visión dos Grupos de Desenvolvemento Rural. Moderadora: Mar Pérez Fra. Profesora de Economía, Socioloxía e Política Agraria. Departamento de Economía Aplicada da USC. Participantes:

-Jorge Blanco. Xerente do GDR Mariñas-Betanzos
-Antonio Ventura Figueroa. Xerente do GDR Terras de Lugo
-Xosé Manuel Puga. Xerente do GDR O Vieiro-Leboreiro -Marco Antonio García. Xerente do GDR Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo – Baixo Miño

Xoves 14 de xullo

9.30-11.00 Conferencia: As medidas de apoio á innovación e ao emprendemento na política de desenvolvemento rural da UE e a súa inclusión no PDR de Galicia 2014- 2020: os Grupos Operativos EIP. José Manuel Andrade Calvo. Director da Fundación Juana de Vega e Profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de A Coruña

11.00-11.15 Pausa-café

11.15-13.30 Mesa redonda: O papel das Universidades e Centros de Investigación nas novas medidas de apoio á innovación nas áreas rurais. Moderador: Francisco Ónega López. Investigador do Laborate. USC. Participantes:
-M. Rosa Mosquera Losada. Profesora do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
-Xavier Simón Fernández. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo
-José Andrés Faíña Medín. Catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea e Coordinador do Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade de A Coruña
-Gonzalo Flores Calvete. Investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Xunta de Galicia 13.30-14.30 Entrega de diplomas e Clausura das Xornadas -Representante da Consellería do Medio Rural
-Representante da EPS de Lugo
-Francisco Ónega López e Emilio R. Díaz Varela. Secretarios das Xornadas

O programa completo do Curso ou Xornadas pode verse no seguinte link. 

Para realizar a matrícula preme nesta ligazón. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información