Xornada vitivinícola en Barro o 5 e 6 de novembro, organizada pola Fruga

O Pazo da Crega acolle unhas xornadas pioneiras sobre os retos no sector vitivinícola galego e falarán da destilación en crise ou do uso de produtos fitosanitarios

Publicidade
Xornada vitivinícola en Barro o 5 e 6 de novembro, organizada pola Fruga

A Federación Rural Galega-AGV (Fruga) organiza unhas xornadas pioneiras sobre os retos no sector vitivinícola galego, en colaboración con Unión de Uniones. A cita será os días 5 e 6 de novembro no Pazo de Crega, en Barro.

O encontro xuntará a profesionais do sector para abordar cuestións importantes como a colleita en verde, a destilación en crise, o uso de produtos fitosanitarios, as cepas híbridas, as técnicas de cultivo ou a comercialización dos viños galegos.
Entre as persoas participantes destacan Antonio Lombardía, Xosé Manuel González Vilas, Roberto Rivas, Rosa Pérez Otero, María del Carmen Martínez, Xosé Antonio Meixide, Martiño Santos ou Noah Chichester.

A finalidade desta iniciativa é favorecer o diálogo, o intercambio de coñecemento e a posta en valor do viño galego, nun momento de relevancia para o futuro da viticultura en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información