Xornada técnica sobre xestión da auga en modelos de agricultura rexenerativa

A inscrición estará aberta ata o próximo luns, 8 de setembro a través do formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega. Só hai 15 prazas dispoñibles.

Publicidade

O xoves, 25 de setembro (10:00 a 18:00h) a Fundación Juana de Vega organiza na súa sede unha nova sesión técnica incluída no programa das “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible”.

Baixo o título “Bases da xestión e o manexo da auga nos modelos rexenerativos de produción agrícola” os asistentes abordarán os fundamentos do deseño en liña clave (keyline) que mellora a infiltración da auga, evitando a escorrentía, e é especialmente recomendable para sistemas agroforestais situados en terreos con algo de pendente.

A formación está orientada a demostrar como as técnicas rexenerativas permiten mellorar o uso e a conservación da auga e evitar as perdas de produción por estrés hídrico, situación cada vez máis frecuente nun escenario de cambio climático.

Só hai 15 prazas dispoñibles. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o próximo luns, 8 de setembro a través do formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega. 

Esta formación está incluída no programa das “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” que ata 2026 impartirá a Fundación Juana de Vega e a empresa Agroassessor en conxunto entre Galicia e Cataluña co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España.

JornadasTecnicasMAPA_FundacionJuanadeVegaAgroassessor_ProgramaCompleto_ES-819x1024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información