Xornada técnica sobre produción de leite con enfoque rexenerativo

Será o martes, 14 de abril na EFA Fonteboa con visita a Gandería Casais, en Cabana de Bergantiños. A asistencia é gratuíta e hai 15 prazas dispoñibles.

Xornada técnica sobre produción de leite con enfoque rexenerativo

O próximo martes, 14 de abril (9:30-18:00h) a Fundación Juana de Vega organiza unha xornada técnica na EFA Fonteboa sobre produción de leite con enfoque rexenerativo. O programa inclúe unha visita a Gandería Casais, en Cabana de Bergantiños, unha explotación que está facendo a transición a este modelo.

Durante a formación, o docente Yann Pouliquen Kerlau falará sobre ferramentas e técnicas clave para a produción de leite en explotacións rendibles con modelos produtivos holísticos respectuosos, centrados na rexeneración do solo, na biodiversidade e na saúde do ecosistema.

A asistencia é gratuíta e hai 15 prazas dispoñibles. Os interesados deben inscribirse a través do formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega. A data límite de inscrición é o luns, 6 de abril:
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/xornada-tecnica-sectorial-4-producion-rexenerativa-de-leite-edicion-galicia/

Esta actividade forma parte do programa “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” que imparten a Fundación Juana de Vega e a empresa Agroassessor (Girona) en conxunto entre Galicia e en Cataluña co apoio do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España con cargo á subvención para o Intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal.

JORNADAS MAPA - Plantillas RRSS - Xornada técnica 4 | Produción rexenerativa de leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información