Xornada técnica sobre posibilidades do cultivo do chopo en Galicia

Chopos-Lugo-O vindeiro 21 de novembro terá lugar no Centro Sociocultural de Bóveda (Lugo), unha xornada técnica e divulgativa sobre as posibilidades do cultivo do chopo en Galicia.

A formación está organizada por Nerea Oliveira e Alicia Fuertes (ICIFOR-INIA, CSIC), Roque Rodríguez (UXAFORES-USC).

Tras a xornada celebrada na EPSE de Lugo en 2020, continúa o interese polo chopo como alternativa produtiva en Galicia, impulsado polos altos prezos da madeira de calidade en áreas con maior implantación da populicultura.

Desde a organización destacan tamén que “a administración autonómica aprobou un modelo selvícola específico e contempla a inclusión do chopo na orde de axudas para plantacións. Asemade, a compatibilidade do chopo co mantemento do uso agrario é un aspecto que tamén suscita interese”.

Neste sentido, o obxectivo da xornada é tratar as oportunidades do chopo en Galicia no contexto dos requirimentos de calidade da industria, da dimensión de plantacións e lotes de corta e da correcta aplicación de prácticas selvícolas e de establecemento das plantacións.

A asistencia á xornada é gratuíta, previa inscrición chamando ao 982426031 (de 9:00 a 14:00 horas) ou por chamada ou WhatsApp ao 609887882.

Programa preliminar:

9:30. Presentación e inauguración da xornada.

10:00. Flor Álvarez Taboada. As plantacións de chopo: panorama xeral en España e en Europa.

10:30. Carlos Álvarez Cuevas. Necesidades da industria. Calidade de madeira, tamaño de lotes e prezos

11:00. Alberte Piñeiro Tubío. Liñas de fomento das plantacións de chopo para madeira de calidade e das agrupacións de propietarios da CMR da Xunta de Galicia

11:30. Pausa café

12:00. Saída visita plantación demostrativa en Bóveda (en vehículos particulares)

12:10. Joaquín Garnica. Explicación en campo: elección do clon, viveiros, plantacións.

12:50. Nerea OIiveira. Resultados previos en Galicia.

13:30. Tempo libre para comida

16:30. Visita opcional de campo a parcelas de 15 anos en Sarria (desprazamento en vehículos particulares polos interesados)

Ubicación de visitas de campo:

Parcela de Bóveda: 42.614394, -7.478131 (Google maps) o UTM29. X: 624824, Y: 4719117 (sigpac)

Parcela de Sarria: 42.794817, -7.393593 (Google maps) o UTM29. X: 631369, Y: 4739279 (sigpac)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información