Data inicio: 12/11/2021
Data fin: 12/11/2021
Lugar: AGACAL-CIAM, Mabegondo-Abegondo, España
O grupo de innvoación Biofore Plus organiza o vindeiro venres día 12 de novembro unha xornada técnica sobre o seu proxecto de revalorización da biomasa forestal residual extraída do monte.
Biofore Plus é un grupo de innovación que traballa na optimización da recollida en monte de biomasa procedente de masas afectadas por incendios forestais, con baixos crecementos ou ocupadas por especies invasoras. Das experiencias realizadas, obtivéronse restos de piñeiro, eucalipto e acacia que foron caracterizados para valorización enerxética e elaboración de carbón vexetal (biochar), con usos en explotacións gandeiras, entre outras posibilidades.
Ademais, no marco do proxecto fabricouse un forno pirolítico para elaborar o carbón vexetal e biochar. De todas estas experiencias falarase este venres no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo dende as 10.00 horas de mañá. A continuación desglosamos o programa coas intervencións previstas polos poñentes.
Programa da xornada
Ás 10.00 horas, José Luis Carbacos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) inaugurará a xornada.
Ás 10.15 horas, Érika Martínez Carreira, directora xeral de Sinergias Sostenibles Resiforest presentará o grupo de innovación Biofore Plus.
Ás 10.45 horas, Luis Ortiz Torres, catedrático da Universidade de Vigo, falará sobre a produción e caracterización de biochar obtido a partir de restos forestais.
Ás 11.15 horas, María Luz Cayuela, do departamento de Conservación de Chans e Augas e Manexo de Residuos Orgánicos. CEBAS-CSIC, fará unha introdución ao concepto de biochar.
Ás 11.45 horas, haberá unha pequena parada para tomar un almorzo.
Ás 12.15 horas, Xavier Domene Casadesús, investigador do Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais (CREAF) falará do biochar como biotecnoloxía para a xestión ambiental: beneficios e minimización de riscos.
Ás 12.45 horas, Juan Castro Ínsua, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, abordará o tema da redución de emisións de amoníaco e metano en fosas de xurro con biochar.
Ás 13.15 horas, haberá unha mesa redonda moderada por Juan Castro Ínsua na que se falará dos materiais de cama usados en explotacións de vacún e aves e os seus problemas e posibles usos do biochar.
Ás 14.00 horas, terá lugar unha visita técnica capitaneada por María Ángeles Román Vilar, enxeñeira agrónoma da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que presentará o domo piloto para analizar as emisións de gases de efecto invernadoiro en fosas de xurro.
Ás 14.45 horas, Abelardo Nimo Silva, director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo clausurará o acto.
Inscripción
A asistencia é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico informacion@foresin.es ou do teléfono 680 208 320.
O Grupo de innovación Biofore Plus
O Grupo de innovación Biofore Plus integra diferentes actores da cadea de valor forestal-agrícola-gandeiro coa finalidade de xerar sinerxias entre os diferentes sectores. Todo isto integrando o coñecemento (derivado da participación de centros de investigación e universidades públicas), a empresa privada (que representa diferentes intereses do sector, incluíndo consultoría técnica, transformación de produtos forestais e traballadores forestais) e a parte social (a través de propietarios forestais que puxeron a disposición do proxecto os diferentes escenarios nos que se desenvolveu o mesmo). O proxecto aproveita o saber dos diferentes actores para prantexar innovacións que permitan optimizar o aproveitamento da biomasa forestal e revalorizar o produto obtido en diferentes sectores.