A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada técnica sobre o proxecto Biofore Plus para aproveitamento e valorización de biomasa forestal residual

Publicidade
Xornada técnica sobre o proxecto Biofore Plus para aproveitamento e valorización de biomasa forestal residual

Obtención de restos de eucalipto para a valorización enerxética e elaboración de biochard no marco do proxecto.

Data inicio: 05/11/2021
Data fin: 05/11/2021
Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal, A Xunqueira, Pontevedra, España

O grupo de innvoación Biofore Plus organiza o vindeiro venres día 5 de novembro unha xornada técnica sobre o proxecto Biofore Plus Optimización do aproveitamento da biomasa forestal residual e revalorización do material extraído do mesmo.

Nesta sesión daranse a coñecer os pormenores e os resultados deste proxecto no que se probou a eficacia dun tándem tecnolóxico conformado polo cabezal talador acumulador NISULA 285 e+ montado sobre unha empacadora ENFO-2000 e autocargador Logset 6F GT.

No marco do proxecto testouse esta tecnoloxía sobre diferentes escenarios aos que é preciso dar unha solución de xestión: masas afectadas por incendios forestais, con reducidos crecementos ou ocupadas por especies invasoras.

Das experiencias realizadas no marco do proxecto obtiveron restos de piñeiro, eucalipto e acacia, que foron caracterizados para valorización enerxética e elaboración de biochard. Ademais, desenvolveron un forno pirolítico para fabricar carbón vexetal e biochard, que posteriormente se empregaron en fosas de xurro para medir a reducción de emisións contaminantes que propiciaban estes materiais.

A xornada  técnica levarase a cabo en horario matinal, de 10.00 a 15.00 horas, na Escola de Enxeñaría Forestal Campus Universitario A Xunqueira, en Pontevedra. As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un email a informacion@foresin.es ou chamando ó 680 208 320.

Os socios do proxecto

O grupo operativo está integrado tanto por empresas do sector como a Universidade e distintas entidades. Así, forman parte do proxecto as consultorías Foresin e FmC Forestal &Meidoambiente, a Fundación Conde del Valle de Salazar, Greenalia, a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal). Tamén colaboraron na iniciativa o Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas), Explotaciones Forestales RAM S.L. e o Monte Veciñal en Man Común Berán e Seaga.

O proxecto está co-financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Programa da xornada

10.00 horas. Presentación da xornada.
Ignacio Lema. Director de XERA (Xunta de Galicia).

10.15 horas. A situación da biomasa no marco do sector forestal.
Juan Picos. Director E. E. Forestal (Universidade de Vigo).

10.45 horas. Experiencias recentes de aproveitamento mecanizado de biomasa forestal en Galicia.
Eduardo Tolosana. Profesor ETSIM (Universidade Politécnica de Madrid)

11.15 horas. O potencial da biomasa como fonte de enerxía.
Mauro Coucheiro. Greenalia -The Green Company

Pausa / Café

12.15 horas. Experiencias de produción de carbón vexetal e biochar a partir de restos forestais.
Óscar González. Profesor da Universidade de Vigo.

12.45 horas. Experiencias de absorción de emisións contaminantes en fosas de xurro con biomasa e biochar
Juan Castro. Investigador Ciam Mabegondo (Xunta de Galicia)

13.30 horas. O sector dos biocombustibles sólidos.
Francisco Javier Álvarez. Presidente Clúster Biomasa de Galicia.

14.00 horas. Presentación do proxecto Biofore Plus 2.0
Érika Martínez. Sinergias Sostenibles Resiforest SL.

14.30 horas. Visitas técnicas.

1.Planta piloto de biomasa.

-Astillado, briquetado, peletizado e biochar.
Luis Ortiz. Catedrático Universidade de Vigo

2.Laboratorio de xiloenerxética

-Caracterización enerxética.
Antonio Vázquez. Profesor Máster PRL da Universidade de Vigo

3.Planta piloto tecnoloxía da madeira

-Secado e serrado
Luis Ortiz. Catedrático Universidade de Vigo

15.00 horas. Ágape biomásico.

 

-Consulta aquí o tríptico informativo da xornada.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *