Data inicio: 28/09/2017
Data fin: 28/09/2017
Lugar: Avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, España
A Consellería do Medio Rural organiza o vindeiro 28 de setembro en Pontevedra a II Xornada Técnica sobre o Picudo Vermello das Palmeiras, unha praga exótica que está a afectar tamén a Galicia.
A xornada celebrarase no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Para asistir é obrigatorio realizar unha solicitude de asistencia remitindo os datos persoais a explotacionsagrarias.cmr.pontevedra@xunta.gal ou ben enviala por fax ao 886 20 65 88
Programa da xornada:
-9:00 horas: Presentación da xornada. Nicasio Mejuto Martí, subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural.
-9:45 horas: Situación actual e importancia do picudo vermello en Galicia. Antón Vázquez Caamaño, Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra. Consellería do Medio Rural.
-10:30 horas: Xestión integral da praga do picudo vermello das palmeiras. Susana Gómez Vives. Xefa de investigación da Estación Phoenix de Elxe (Alacante).
-12:00 horas: Pausa café.
-12:30 horas: Plan de continxencia en Baleares: actuacións e resultados. Francesc Adrover Adrover. Servizo de Sanidade Vexetal do Goberno Balear.
-14:00 horas: Comida.
-16:00 horas: Presentación de sistemas e produtos de casas comerciais para combater o picudo vermello das palmeiras.
-18:00 horas: Práctica de planificación de tratamentos en palmeiras afectadas en distintos graos. Xavier Loureiro Vásques de Lantanho. Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán.
-19:00 horas: Práctica de endoterapia vexetal. Técnico da empresa especializada Arbogal.