Data inicio: 04/11/2016
Data fin: 04/11/2016
Lugar: Escola Galega De Administracion Publica, Rúa de Madrid, Santiago de Compostela, España
Santiago acollerá o venres 4 de novembro unha xornada técnica titulada ‘O material vexetal para a produción de castaña’. O acto, organizado polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, orientarase a abordar o proceso de certificación de variedades galegas de castaña.
En Galicia xa hai 16 variedades tradicionais no Rexistro de Variedades Comerciais. O desenvolvemento da certificación, explican desde Lourizán, supón o cumprimento dunha serie de requisitos por parte dos viveiros.
O Centro considera que as xornadas servirán para facer unha síntese do estado de coñecemento das variedades e dos portaenxertos, así como para presentar os procedementos de certificación. Reflexionarase ademais sobre as repercusións que ten regular a comercialización das plantas de viveiro para os produtores de castaña, que sempre se ocuparon da conservación e multiplicación das variedades cultivadas nos seus soutos.
Para inscribirse nas xornadas, hai que escribir ó correo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal.
Máis información
– Programa completo das xornadas ‘O material vexetal para a produción de castaña’ (PDF).