Xornada técnica sobre mellora xenética en vacún de leite

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (AGACAL-CIAM), en colaboración con Xenética Fontao S.A. e Africor Lugo, organizan para o vindeiro 27 de novembro unha xornada técnica sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

A xornada, que se celebrará nas instalacións do CIAM en Mabegondo (A Coruña), está dirixida a gandeiros e técnicos ou persoas que se queiran incorporar ao sector. As ponencias serán impartidas por Alejandro Fernández Fernández, xefe de Área de Selección e Mellora de  Xenética de Xenética Fontao; Ramiro Fouz Dopacio, director xerente de AFRICOR Lugo, e Manuel López Luaces, director do CIAM.

Programa da xornada:

10:00 – Presentación e proposta de obxectivos 
10:15 – lntrodución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia 
11 :00 – Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos 
11 :45 – Pausa-café 
12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección 
13:00 – Interpretación dos catálogos. Probas internacionais 
14:00 – Xantar (por conta dos asistentes) 
16:00 – Probas xenómicas fronte á selección convencional 
17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda 
18:00 – Pausa-café 
18:30 – Fontes de información 
19:30 – Conclusións 

Como anotarse?

A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia. As solicitudes pódense descargar da páxina web www. ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800

DESCARGA DE DÍPTICO

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información