Aprazada a setembro a xornada sobre maquinaria para a mecanización da horta

Publicidade
Publicidade
Aprazada a setembro a xornada sobre maquinaria para a mecanización da horta
Data inicio: 10/09/2020
Data fin: 10/09/2020
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España

A xornada técnica sobre maquinaria para a mecanización da horta, que estaba prevista que se desenvolvese este xoves 13 no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, trasládase ó 10 de setembro e cambia de ubicación, pois finalmente farase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón, A Coruñá). O motivo son as restriccións sanitarias que se estableceron na área da Coruña para conter a expansión do coronavirus.

A xornada sobre mecanización da horta trátase dunha sesión teórico práctica para amosar o funcionamento e as particularidades dunha serie de máquinas, facendo fincapé na posibilidade de combinación entre elas para reducir o tempo de traballo ou o consumo de enerxía. Entre os equipos que se empregarán na demostración, estarán un canón nebulizador, unha transplantadora ou distintos tipos de fresas. Tamén unha sementadora, unha binadora e unha trituradora de cultivos.

A actividade está dirixida a produtores e técnicos de horta, ás cooperativas e asociacións de horticultores, ás escolas de formación agraria e ás empresas de servizos agrícolas. Así mesmo, poden acudir representantes dos talleres de maquinaria para o agro, así como mozos en fase de incorporación á actividade agraria.

A xornada levarase a cabo nun momento de incremento da demanda de diferentes maquinarias para poder mecanizar certas tarefas do agro, así como para buscar sistemas de produción máis eficientes ou que minimicen a utilización de fitosanitarios. Deste xeito, cada vez máis agricultores buscan equipos que non só lles faciliten o labor diario, senón que tamén poidan axudalos a aforrar, ao tempo que teñen a capacidade de adaptarse aos distintos tipos de solo ou ás irregularidades do terreo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *