Xornada técnica sobre gando vacún este venres en Agolada

Publicidade
Xornada técnica sobre gando vacún este venres en Agolada

Rafael Méndez co cartaz de Agolada Rural

Este venres, 25 de novembro, celebrarase no auditorio Manuel Costa Casares de Agolada (Pontevedra) a sexta edición da xornada técnica Agolada Rural.

A asociación que preside o gandeiro Rafael Méndez Guerra centrará esta xornada en tres temáticas de actualidade: xestión de xurros, enerxías renovables en granxas e tarifas eléctrias e novidades da próxima PAC.

Programa:

-10:00 horas: Inauguración por parte do alcalde de Agolada, Luís Calvo

-10:30 horas: Xestión do xurro. Carlos Ledo, técnico de Unións Agrarias

-11:30 horas. Autoconsumo fotovoltaico e tarifas eléctricas. Carlos García, enxeñeiro industrial; Mariano Manteiga, axente enerxético, e Javier Fernández, de Sociere Renting.

-12:30 horas: Entrega dos premios aos nenos gañadores do concurso de debuxo

-13:00 horas: Novidades da PAC 2023/2027. Carmen Aira e Luís Rivas “Mini”, deputados do BNG.

A xornada finalizará cun sorteo de 10 lotes de doses de touros procedentes de Xenética Fontao.  

Por orde de chegada darase un bono de 10 euros aos primeiros 40 asistentes para xantar na parrilada de Agolada.

PROGRAMA AGOLADARURAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información