Xornada técnica sobre “A Fertilización nos cultivos forraxeiros ecolóxicos”

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá este xoves, 19 de novembro, unha xornada técnica sobre “A Fertilización nos cultivos forraxeiros ecolóxicos”.

A xornada está dirixida a gandeiros ecolóxicos de vacún de carne e leite ou interesados en iniciar ou pasarse á produción ecolóxica, así como a técnicos e empresas de asesoramento en ecolóxico (entidades de aconsellamento e xestión).

As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ferecol@ciam.gal

Por limitacións de capacidade por restriccións debido ao Covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o día online vía webex, para o cal deberase indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.

Aqueles participantes que elexiran a modalidade online recibirán un correo electrónico co enlace para seguir o día.

Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 18 de novembro. 

Programa:

10:00-10:15 h. Presentación da xornada.

10:15-11:15 h. Utilización de fertilizantes nos cultivos forraxeiros ecolóxicos. Joan Alibés Biosca.  Técnico de Beealia Asesoramento e Xestión de Ganderías.

11:15-11:45 h. Xestión dos xurros en ecolóxico. Utilización das ferramentas de apoio á decisión REN e RAX. Mª Isabel García Pomar e Dolores Báez Bernal. Investigadoras CIAM-Agacal.

11:45-12:00 h. Descanso

12:00-12:30 h. As leguminosas como fonte de nitróxeno natural nos cultivos forraxeiros. Dolores Báez Bernal e Mª Isabel García Pomar. Investigadoras CIAM-Agacal.

12:30-12:45 h. Resultados do campo de ensaio sobre o uso da roca fosfórica como fertilizante ecolóxico nunha pradeira. Mª Isabel García Pomar. Investigadora CIAM-Agacal.

12:45-14:30 h. Visita no predio do CIAM ao ensaio de aplicación de roca fosfórica en pradeira. Mª Isabel García Pomar, Dolores Báez Bernal e Joan Alibés Biosca.

Descargar solicitude de inscrición

xornada fertilizacion cultivos ECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información