Xornada técnica sobre estratexias contra o abandono no medio rural

Publicidade
Xornada técnica sobre estratexias contra o abandono no medio rural

Veciños de Lucenza, en Cualedro (Ourense), traballando para recuperar un monte abandonado.

Data inicio: 29/11/2017
Data fin: 29/11/2017
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Lugo organiza o vindeiro 29 de novembro unha “Xornada técnica sobre estratexias contra o abandono no medio rural”.

A xornada está dirixida a todas as persoas interesadas no sector agrario e terá lugar na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Pódese realizar a inscrición na OAC de Lugo, por e- mail: xbruna@xunta.gal, ou no fax 982 29 49 37 antes das 14:00 h do 28 de novembro

Programa

Día 29:

Xornada de mañá: Entendendo o problema

9:30 h. Inauguración. Representantes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ProEpla-USC

10:00 h. “Que é o abandono rural e elementos que o caracterizan?” Noemí García Saavedra (Tenzas S.L.)

11:00 h. “A planificación como base para frear o abandono”. Manuel Marey Pérez (ProEpla-USC)

12:00 h. “O abandono no contexto europeo”. Eduardo Corbelle (LaboraTe-USC)

13:00 h. “A conflitividade social no abandono rural. Gervasio” López Rodríguez (técnico en Negueira de Muñiz)

Xornada de tarde: Propostas para frear o abandono rural

16:00 h. Medidas territoriais para frear o abandono rural:

-“Medidas desde o PDR”. Juan Manuel Martínez Barral (Consellería do Medio Rural)

-“Medidas desde as entidades locais”. Raúl García Martínez (Deputación Provincial de Lugo)

-“A necesidade de accións transversais e integrais”. Bernardo Varela (Concello de Allariz)

-“A innovación como ferramenta de cambio”. Quico Ónega (Asociación Europea Innovación)

18:00 h Proxectos concretos contra o abandono rural:

-”Iniciativas desde as parroquias”: José Manuel Iglesias Espiño (CMVMC Carballo – Friol)

-”Recuperación dos soutos”. Luis Miguel Lolo (Castañas dos Ancares S.L.)

-”As producións melíferas”. Alberto Uría Moreno (produtor de mel)

-“As oportunidades desde a conservación”. Marco Rubinos (3edata)

20:00 h Clausura. Representantes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ProEpla-USC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información