Xornada técnica sobre “enoloxía para adegueiros”

Publicidade

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza unha Xornada Técnica sobre “ENOLOXÍA PARA ADEGUEIROS”, que se desenvolverá o vindeiro 27 de novembro.

Contidos da xornada:

Defectos, alteracións e enfermidades nos viños.
Factores que afecta á calidade dos viños.
Estratexias para a mellora dos viños.
Accións para o futuro e a mellora na comercialización.

Persoas destinatarias:

Viticultores/as e adegueiros/as en activo
Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.

Horario:
De 10.00 a 14.00 horas

Imparte:
Luis Quinteiro González

Lugar de realización:

Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo) (Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7) 

Inscrición:

As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agraria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario: https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt 

As solicitudes presentaranse en:

Poderase enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: oac.seca.betanzos@xunta.gal; diego.miranda@marinasbetanzos.gal

SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información