Data inicio: 28/09/2019
Data fin: 28/09/2019
Lugar: Biblioteca Municipal, Rúa Merouces, Mondariz, España
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural organiza para o vindeiro día 28 de setembro no concello pontevedrés de Mondariz unha xornada técnica sobre “Crianza sustentable do porco celta nas carballeiras e soutos galegos”.
A xornada, de carácter gratuíto, está dirixida a profesionais do sector ou persoas en xeral interesadas nesta materia. Celebrarase no Centro de Cultura-Biblioteca Municipal. Para inscribirse é preciso cubrir a folla de inscrición correspondente á xornada e enviala a infolourizan.mr@xunta.gal
Programa:
-9:30 horas: Inauguración.
-Presentación da xornada e descrición do proxecto: “RTA2014-00051-C04. Sustentabilidade de sistemas silvopastorais de masas ibero-atlánticas de folla caduca con razas autóctonas de porco en réxime extensivo”. Francisco Javier Silva Pando, coordinador científico do proxecto, e investigador do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
-”O ensaio de porco celta en carballeira. Bases para o deseño das explotacións”. Francisco Javier Silva Pando.
-”Experiencias co porco celta nos soutos lucenses”. María Rosa Mosquera Losada, profesora da Escola Politécnica Superior, USC, Lugo
-Pausa-café de 30 minutos
-”A xestión diaria das explotacións extensivas co porco celta. Recursos do medio, alimentación e problemas sanitarios”. Iván Rodríguez Paz, veterinario de ASOPORCEL
-”Aproveitamento dos soutos con porco gochu asturcelta en Asturias”. Begoña de la Roza Delgado , investigadora do SERIDA.
-Pausa-comida (O xantar non está incluído na actividade formativa)
-Visita de campo, con desprazamento en autobús
16:00 – 21:00: Visita á explotación extensiva de porco celta en Rendufe (A Cañiza) e a outra en Mouriscados (Mondariz), onde se impartirá unha práctica de demostración con produtos de uso culinario do porco celta.