Xornada Técnica sobre aproveitamento de plantas de interese mediciñal, aromático e cosmético

Terá lugar en Mondariz, en xornada de mañán e tarde, o sábado 3 e 10 de outubro, organizado polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán e coa participación da cooperativa Milhulloa de Palas de Rei

Publicidade
Data inicio: 03/10/2020
Data fin: 10/09/2020
Lugar: Biblioteca Municipal de Mondariz, Calle Rampa de Merouces, Mondariz, España

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza durante o vindeiro mes de outubro unha Xornada Técnica sobre Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético, que se celebrará na Biblioteca Municipal de Mondariz, o sábado día 3 de outubro, en sesións de mañán y tarde.

A inscrición é gratuita e haberá un máximo de 12 participantes por razóns de aforo provocadas polo coronavirus. De todos xeitos, para as persoas que non logren entrar nesta primeira quenda haberá una 2ª edición desta xornada o sábado seguinte, o día 10 de outubro.

O programa inclúe unha parte teórica e outra práctica, na que haberá unha saída ao campo a recoller plantas e o seu posterior procesado para a obtención de distintos aproveitamentos mediciñais ou aromáticos. A actividade será impartida por técnicos do CIF de Lourizán e persoal da cooperativa Milhulloa de Palas de Rei, adicada ao cultivo e procesado de plantas para infusións e cosmética. 

Para participar hai que anotarse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace, cubrir a folla de inscrición correspondente á xornada e enviala por email ao enderezo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal.

A data límite para a inscrición é o 29 de setembro. A reserva de prazas farase por orde de solicitude, de xeito preferente aos seguintes destinatarios: mozos/as e mulleres do medio rural; traballadores/as do sector agrario, agroalimentario e forestal; propietarios/as agrícolas ou forestais; membros de comunidades de montes veciñais en man común e de asociacións rurais; titulados/as de ciclos formativos da rama agro-forestal e membros de empresas agrícolas, agroalimentarias e forestais.

Programa:

INSECTARIO – INVERNADOIRO PARA ESTUDOS DE RESISTENCIAS E CORENTE INSECTARIO – INVERNADOIRO PARA ESTUDOS DE RESISTENCIAS E CORENTE INSECTARIO – INVERNADOIRO PARA ESTUDOS DE RESISTENCIAS E CORENTE INSECTARIO – INVERNADOIRO PARA ESTUDOS DE RESISTENCIAS E CORENTE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información