Xornada técnica sobre agricultura rexenerativa para o deseño de parcelas agrogandeiras

A xornada técnica celebrarase en dúas sesións online e gratuítas os días 25 e 30 de abril, no marco dun programa estatal para impulsar a agricultura sostible en Galicia e Cataluña

Publicidade

A Fundación Juana de Vega organiza a xornada técnica “Deseño dunha parcela agrícola e gandeira seguindo os criterios da agricultura rexenerativa” que se dividirá en dúas sesións o venres 25 e mércores 30 de abril, de 9:30 a 13:00h.

A formación, que será online e gratuíta, durará 7 horas. O docente encargado de impartila será Robert Madeo Salvá, de The Regen Academy, unha academia e consultoría internacional especializada en agricultura rexenerativa. As actividades están dirixidas a técnicos, asesores e produtores agrarios.

A formación forma parte das “Xornadas e seminarios técnicos para o impulso da agricultura rexenerativa e sostible” promovidas pola Fundación Juana de Vega e a empresa Agroassesor (Girona) en conxunto entre Galicia e Cataluña.

A iniciativa conta cun financiamento de 104.823,6€ do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España, no marco das novas axudas para actividades formativas e de intercambio de coñecementos de ámbito supraautonómico dirixidas ao sector agroalimentario e forestal.

O programa de formación, activo desde marzo e con duración ata xuño de 2026, busca impulsar un cambio cara a prácticas agrogandeiras máis sostibles e resilientes. Céntrase na difusión do enfoque rexenerativo como modelo viable.

Esta iniciativa súmase a outras dúas accións previas da Fundación: as I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa en febreiro de 2024 e un curso intensivo con Jairo Restrepo en outubro do mesmo ano.

Máis información sobre o programa e como inscribirse nesta ligazón

ProgramaXornadasRexenerativas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información