Xornada técnica sobre a vendima 2016 este venres en Cambados

Publicidade
Xornada técnica sobre a vendima 2016 este venres en Cambados

Vendima en Rías Baixas

Abanca organiza, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, a “Xornada Técnica Vendima 2016”. A cita desenvolverase este venres, 29 de xullo, no auditorio de Cambados a partir das 11.00 horas. A sesión diríxese a viticultores e a inscrición é totalmente gratuíta a través do teléfono 986 43 56 26.

A “Xornada Técnica Vendima 2016” centrarase en dous temas de especial importancia para estes profesionais. En primeiro lugar, falarase sobre as Implicacións da Lei para mellora do funcionamento da Cadea Alimentaria. Dita lexislación busca garantir que as adegas abonen o custo da uva aos viticultores nun prazo máximo de 30 días desde a validación por parte do Consello Regulador.

En segundo lugar, falarase sobre a Obrigatoriedade da Inspección Técnica dos Equipos de Aplicación de Produtos Fitosanitarios, beneficiando así a seguridade e saúde dos traballadores, a efectividade e economía dos tratamentos fitosanitarios e o respecto ao medio ambiente. Concluirá a sesión técnica cunha quenda de rogos e preguntas para aclarar calquera posible dúbida dos asistentes.

Nesta xornada intervirán o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo; o dirrector de Abanca Agro, Jesús Combarro Pereira, e o subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural, Nicasio Mejuto Martí, que será o encargado de impartir os relatorios técnicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información