Xornada técnica para impulsar a indicación xeográfica protexida Capón de Vilalba

Xornada técnica para impulsar a indicación xeográfica protexida Capón de Vilalba

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza para o vindeiro mércores, 20 de abril, unha xornada técnica para impulsar a indicación xeográfica protexida Capón de Vilalba. Terá lugar na biblioteca pública municipal de Vilalba en horario de maña de 9,30 h. a 14,30 horas.

O programa versará, fundamentalmente, sobre os condicionantes técnicos e administrativos para acollerse a este indicativo de calidade. Neste senso, abordaranse os requisitos que deben cumprir as explotacións avícolas, tanto as de tipo artesanal como as de produción de carne en ecolóxico. Tamén se tratará a flexibilización do paquete de hixiene en explotacións e matadoiros de aves.

Por último, a xornada tamén inclúe un apartado sobre o regulamento propio desta indicación xeográfica protexida, co fin de analizar e dilucidar calquera dúbida que poida haber sobre o seu control e certificación, así como sobre as axudas que poden solicitar os gandeiros inscritos no consello regulador.

Os interesados na xornada poderán apuntarse enviando un correo electrónico ao enderezo de agacal.certificación@xunta.gal. Para máis información, poderán chamar ao teléfono 881 997 279.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información