
Detalle de una de los árboles de aguacate de O Rosal
O vindeiro xoves 26 de febreiro de 2026, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a I Xornada Técnica do Aguacate, un evento formativo dirixido a profesionais do sector, persoas produtoras, técnicas e todos aqueles interesados no cultivo desta froita en expansión na nosa comunidade.
A xornada abordará os aspectos clave para o desenvolvemento do aguacate na Galiza, desde a súa rendabilidade ata as estratexias de manexo, protección e comercialización, da man de persoal experto de recoñecido prestixio.
PROGRAMA:
- 9:00 Benvida e inauguración. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde
Pontevedra. - 9:15 Principais limitacións e desafíos no cultivo do aguacate. José Jorge
González Fernández, Investigador da Estación Experimental do IHSM La
Mayora (CSIC-UMA). - 10:00 Rendabilidade do aguacate clonal frente ao de semilla. Importancia de
reservas e planificación do clonal. Kyrha Fernández, Directora de Ventas,
Brokaw. - 11:00 Estratexias de control de plagas e enfermidades do aguacate na Galiza.
Mª Teresa Molina.Biologicals Product Manager, Lainco. - 12:00 Café-Networking.
- 12:30 Estratexias de nutrición e rega no aguacate. Antonio Guirado, Director
Técnico/Comercial, Brokaw. - 13:30 A poda do aguacate. Mª Luz Iglesias Talavera, Iberian Exotics, L.B.A.
- 14:30 Networking acompañado de aperitivo ofrecido pola organización.
- 15:30 Optimización da rega e sistemas antixeadas no cultivo do aguacate.
Andrés Sánchez San Martín,Responsable do Departamento Técnico, Irritec. - 16:30 Requisitos e recomendacións para unha óptima comercialización do
aguacate fresco galego. Pedro Lago Ponte, Responsable Compras de froitas e
verduras, Vegalsa.
CONFIRMA ASISTENCIA ANTES DO 20 FEBREIRO A TRAVÉS DO FORMULARIO [PRAZAS LIMITADAS]
ENTIDADES COLABORADORAS: Aguacates da Galiza | Concello de Pontevedra | CSIC | Iberian Exotics | Irritec Iberia | Brokaw | Lainco | Vegalsa | Eurobanan Galicia

Galego






Control OJD